A Deputación trae este mes a Roi Casal, Óscar Ibáñez e Treixadura

La Voz

MEIS

MARTINA MISER

Las actuaciones se incluyen en el programa Musigal 2019

14 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Neste mes de xullo a comarca do Salnés encherase de música grazas a Musigal 2019, o programa da Deputación de Pontevedra vinculado á área de Cultura. A primeira cita é esta noite en Meis con A Roda, que pechará a Festa dos Callos; o espectáculo «Óscar Ibáñez e Tribo» estará en Sanxenxo o xoves 25; «Son Galego, Son Cubano» de Roio Casal fará parada en Vilanova o sábado 27 e Treixadura abrirá a Festa do Albariño de Cambados o día 31.

Musigal 2019 naceu co obxectivo de favorecer a programación artística por parte dos concellos e diríxese especificamente aos grupos e artistas profesionais da música.

«Un dos seus obxectivos é a dinamización da lingua galega, en canto que busca favorecer a vivencia positiva no noso idioma e contribuír á posta en valor da lingua e ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da infancia e da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación da provincia», segundo explican desde Deputación.

Este 2019 participan no programa máis de cen grupos e artistas e conta cun orzamento de 500.000 euros. Existen seis categorías musicais e este ano incrementou o número de inscritos.