Mad Mission inaugura hoy el Ágora Vermú en Carril

B. c.

MEIS

MARTINA MISER

Cultura programou sete concertos dentro do ciclo musical

11 may 2019 . Actualizado a las 18:54 h.

Domingo • 13 horas • Praza da Liberdade de Carril • Entrada libre • Non parece que vaia ser necesario levar a actuación baixo teito, aínda que o Concello de Vilagarcía ten prevista esta opción por se fora necesario. Para esta fin de semana anúnciase tempo de verán, sen dúbida a mellor maneira de abrir o ciclo de concertos en directo, ao aire libre, Ágora Vermú, que organiza a concellería de Cultura.

O primeiro vermú musical da tempada será este domingo con Mad Mission en Carril, unha banda formada en Ourense no 2014. O estilo que toma como referencia é a música negra dos anos 60 e 70, dando como resultado unha mestura entre funk, rock e soul. Despois de cambios na sección rítmica, a formación consolídase e participa en eventos como o Enofestival ou Pulpo Extreme e pisa escenarios de toda a xeografía galega, entre eles o do Náutico de San Vicente). O grupo está formado por Marisa Sánchez (voz), Juan Cho (guitarra eléctrica e coros), Raquel Huete (baixo eléctrico e coros) e o vilagarcián Pablo Casado Fuentes (batería).

O Ágora Vermú chega á cuarta edición, e medrando, este ano con sete concertos en cartel que levarán a música en directo ao centro da cidade, a Carril, Vilaxoán, O Piñeiriño, o parque Doutor Carús e ao parque da Coca. Con esta proposta, Ravella busca ampliar a oferta de ocio para os veciños e visitantes ao tempo que incentiva á hostalería local e aposta polos músicos locais.

A metade das formacións que participan este ano contan con artistas de municipio entre os seus integrantes e a banda que clausurará o programa é integramente vilagarciá: Prazoleta, formada por catro rapaces moi novos que dan os seus primeiros pasos na eido da música urbana.