Raxó, en Poio, acolle o Festival Xuvenil do Acordeón

MEAÑO

CONCELLO DE POIO

O obxectivo é «fomentar este instrumento entre as novas xeracións, dar visibilidade aos rapaces que xa o practican e contribuír ao necesario relevo xeracional»

12 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A partires das 19.00 horas, a Escola de Acordeóns de Campelo-Poio organiza no Centro Cultural Xaime Illa Couto de Raxó o primeiro Festival Xuvenil do Acordeón. Trátase dunha iniciativa pioneira que nace co obxectivo de «fomentar este instrumento entre as novas xeracións, dar visibilidade aos rapaces que xa o practican e contribuír ao necesario relevo xeracional».

O director da Escola de Acordeóns Juan Mariño precisou que a idea xurdiu ante a escasa presenza de xente nova nos numerosos festivais e xuntanzas de acordeonistas que se celebran en Galicia e no resto de España. Así, apuntou que nun encontro celebrado en novembro en Lugo participaron máis dun cento de acordeonistas, dos que só cinco tiñan entre 8 e 20 anos e catro deles eran alumnas da escola de Campelo.

O festival reunirá ao alumnado da Escola de Campelo cun acordeonista de 13 anos procedente de León e un mozo de 26 anos de Meaño.