O Concello de Meaño busca empresa para asumir parte da oferta do seu SAF

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

MEAÑO

A licitación é polos dous vindeiros anos

29 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Meaño vén de sacar a licitación a parte do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que non é quen de prestar a día de hoxe a través do seu propio persoal, formado por sete profesionais que atenden os usuarios de luns a venres en horario de mañá.

Para a cobertura dos horarios de tarde e mais da fin de semana, a Administración local meañesa ofrece un contrato por dous anos, o 2026 e mais o 2027, a razón de 294.544 euros cada anualidade, sen IVE. A nova proposta inclúe a prestación de 11.161 horas de dependencia máis outras 1.616 de libre concorrencia. O prezo por hora fíxase nos 21,96 euros, elevados lixeiramente, ata os 22,22, no caso das horas extraordinarias.