A Xunta dá luz verde á controvertida reforma do PXOM de Meaño

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

MONICA IRAGO

15 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda confirmou ao Concello de Meaño a aprobación definitiva da controvertida modificación puntual número 2 do PXOM que, trala súa publicación no BOP, entrará xa en vigor. Esta modificación puntual permite novos usos do chan, así como unha adaptación da área industrial de A Pedreira dándolle un uso mixto industrial-terciario e recollendo unha nova cartografía.

«O documento urbanístico agora aprobado ten como finalidade dar solucións ás contradiccións existentes entre o PXOM de Meaño e a Lei do Solo de Galicia, que provocaban unha importante inseguridade xurídica para os cidadáns e poñían nunha situación delicada o desenvolvemento de determinadas actividades económicas», segundo informa o Concello. «Por fin conclúe con éxito un traballo case invisible para os cidadáns que nos absorbeu moitas horas durante estes últimos anos, pero que vai repercutir unha mellora importante», apunta o alcalde, Carlos Viéitez.