A Real Academia Galega explica dende a web a orixe dos nomes da terra de Meaño

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

ADRIÁN BAÚLDE

Os veciños poden subir os microtopónimos á aplicación Galicia Nomeada para conservalos

17 nov 2021 . Actualizado a las 21:16 h.

Toponimízate; falámosche dos nomes da terra. Este é o título da campaña coa que a Real Academia Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, divulga o valor da toponimia tradicional e procura a colaboración da cidadanía na súa conservación. A súa seguinte parada será Meaño, que o venres, ás once da mañá, protagonizará unha charla virtual a través da canle de Youtube da RAG, cunha sesión que será proxectada no IES de Meaño, no CEIP As Covas e na casa da cultura de Dena.

O coordinador de toponimia Vicente Feijoo explicaralle ao público a orixe e significado dunha escolma de nomes de lugares de Meaño. E tamén o funcionamento da aplicación Galicia Nomeada, que permite os veciños subir suxestións e microtopónimos da súa zona para salvagardalos.