Meaño festexa a Virxe dos Miragres con varias propostas musicais

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

Martina Miser

Hoxe actúan a Banda Unión Musical de Meaño, a charanga Alambique e La Ocaband

12 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

En Meaño están de festa, aínda que a pandemia non deixa celebrar á Virxe dos Miragres como era costume. Con todo, a música soará durante todo o día. A partir das 10.30 horas, cunha alborada da Charanga Alambique; ás oito da tarde haberá un concerto da Banda Unión Musical de Meaño e unha hora despois darase paso ao espectáculo La Ocaband coa montaxe Camiñantes e cantantes, na praza do Concello.

O Verán Cultural de Meaño rematará o vindeiro domingo cun novo concerto da banda de música na contorna da capela das Angustias ás 21 horas. Onte despedíronse as proxeccións de cine do verán con Las aventuras de Dr Dolittle, na praza do Concello.