Meaño presta servizo de asesoramento ás mulleres no Concello

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

MONICA IRAGO

As interesadas que queiran optar a estas consultas deberán solicitalo a través dos servizos sociais municipais ou ben a través do número de teléfono 638 603 837

22 may 2021 . Actualizado a las 20:27 h.

O Concello de Meaño vén de formalizar a súa adhesión ao Centro de Información á Muller (CM) da Mancomunidade do Salnés, un servizo que xa está a disposición das mulleres do municipio desde febreiro.

O CIM ofrece un amplo abanico de servizos á poboación feminina que van desde a oferta formativa orientada a fomentar a incorporación ao mercado laboral, a mellora da súas opcións de traballo ata un asesoramento máis particular nos planos xurídico e psicolóxico.

As interesadas que queiran optar a estas consultas deberán solicitalo a través dos servizos sociais municipais ou ben a través do número de teléfono 638 603 837, onde tramitarán a súa cita cos técnicos que ofrecen atención personalizada na terceira planta do edificio consistorial; os martes, de 8 a 14 horas funciona o servizo de asesoramento xurídico, e os venres, de 9 a 14 horas, o de atención psicolóxica dirixido ás mulleres que o pidan.

«Animo ás mulleres de Meaño a achegarse ao CIM e descubrir as múltiples posibilidades que ten para elas xa

que hai en marcha moitas liñas específicas para fomentar a igualdade que son aplicables a proxectos locais», segundo explica o alcalde, Carlos Viéitez.