Meaño aportará 61.000 para completar as axudas da Xunta a 61 negocios da hostelería local

La Voz MEAÑO

MEAÑO

MONICA IRAGO

O Concello asinará un convenio coa Xunta de Galicia e espera que o pago sexa rápido e áxil

24 abr 2021 . Actualizado a las 16:41 h.

O Concello de Meaño aportará 61.000 euros de fondos propios ao plan de rescate posto en marcha pola Xunta para os hostaleiros e os autónomos do municipio. O alcalde Carlos Viéitez, calcula que cada establecemento recibirá arredor de mil euros de aporte municipal, cantidade que se engadirá aos cartos que recibirán cada un deles pola administración autonómica. Sesenta e un empresarios do municipio solicitaron acollerse a estas axudas. O Concello de Meaño e a Xunta de Galicia asinarán un convenio que permitirá que nas vindeiras semanas os empresarios comecen a recibir as axudas económicas «dun xeito directo e sinxelo».

O Concello habilita esta partida «porque hai moitas familias no municipio que o están pasando moi mal e precisan da nosa axuda xa, e para unir esforzos e recursos para que os nosos hostaleiros e autónomos non teñan que peregrinar de ‘ventanilla en ventanilla’ e facer farragosos trámites administrativos para acceder ás axudas».