Unha muller resulta ferida en Meaño ao quedar atrapada polo seu propio vehículo, que non tiña freo de man

La Voz MEAÑO

MEAÑO

Cedida

Onte houbo outro accidente no municipio, en Coirón, entre un coche e un ciclomotor, con saldo dun home ferido

13 ene 2021 . Actualizado a las 11:49 h.

Uha muller de 62 anos resultou ferida na madrugada de hoxe despois de ser alcanzada polo seu propio vehículo no lugar de Ganón, no concello de Meaño. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos efectivos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, a ferida foi trasladada ao Hospital Montecelo. Ao fío das 00.45 horas, os profesionais do servizo sanitario de urxencias chamaron ao 112 Galicia para informar dun accidente onde unha muller fora alcanzada polo seu propio vehículo. De acordo co seu relato, o turismo estaba sen o freo de man accionado e, por iso, tras o impacto, acabou caendo no terraplén de baixada da entrada do garaxe, quedando atrapada entre o coche e un poste, segundo explican desde Emerxencias de Cambados, que se trasladaron ata o punto.

En Meaño houbo onte pola tarde outro accidente de tráfico na PO-500 en Cóiron como consecuencia dunha colisión entre un ciclomotor e un vehículo. O coche se deslumbrou polo sol e non veu ao ciclomotor, segundo informa o servizo de Emerxencias de Cambados desplazado ao punto. O suceso deixou un ferido, J.R.M.R.M. de 74 anos, que foi evacuado polo 061 ao Hospital Quiron Domínguez de Pontevedra.