A estrada de Cobas terá senda peonil, beirarrúas e rotonda con 500.000 euros de investimento

La Voz MEAÑO / LA VOZ

MEAÑO

MARTINA MISER

A intervención faise realidade grazas a un convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello

18 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Un convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño permitirá afrontar unha importante actuación de mellora na estrada EP-9306 entre as parroquias de Cobas e Padrenda, en Meaño. Grazas ao convenio aprobado o luns polo pleno municipal, a vía disporá dunha senda peonil, beirarrúas, dobre carril de circulación e unha rotonda que se construirá na confluencia con Ribadumia. O investimento ascenderá a 537.130 euros, dos que a Admistración provincial achegará o 70 % e o Concello, o resto.

Máis aló deste convenio de colaboración, a sesión serviu para aprobar o pago da expropiación dos terreos que facilitarán a apertura da vía da igrexa de Lores. O alcalde, Carlos Vieitez, deu conta, por último, de todas as medidas adoptadas fronte a crise sanitaria do covid-19, como a adquisición de máscaras, limpeza e desinfección, vales de alimentos e produtos de hixiene e primeira necesidade, ou o subministro de alimentos e medicamentos a domicilio, ademais do reparto de tarefas e kits de conectividade para os alumnos dos colexios. Os servizos sociais reforzáronse coa contratación dunha traballadora social e dunha coidadora de axuda no fogar.