Segunda derrota da tempada do Asmubal, 30-29 a mans do Pabellón

La Voz

MEAÑO

MARTINA MISER

Sendo favorito, o equipo feminino non ten asegurado o título

27 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Asmubal Meaño pechou o 2018 cun recordatorio de que, sendo favorito, nin moito menos ten asegurado o título, nin un posto na vindeira fase de ascenso á División de Honra Prata Feminina do balonmán español. A pasada fin de semana o cadro do Salnés perdía por un axustadísimo 30-29 co Nova Xestión Pabellón, terceiro clasificado, que se sitúa agora a tan só 3 puntos do Asmubal Meaño, líder con 20.