O Asmubal queda sen oco na Prata, e xogará en Galega


vilagarcía / la voz

Finalmente, a experiencia do Asmubal Meaño na División de Honra Prata Feminina quedará nunha efémera tempada. A voceira do club, Silvia Lobato, confirmaba onte que o primeiro plantel feminino sairá competir a vindeira tempada na Primeira División Galega, logo de que todas as vías para atopar unha praza vacante na categoría de prata semellan esgotadas a unha semana do peche dos grupos da Liga.

A cuestión é que «hai un mes tiñamos asegurado ao 90 % a praza, pero dous equipos que se falaba que ían renunciar, acabaron decidindo saír de novo na Liga», explicaba onte Lobato.

Así as cousas, a directiva do Asmubal traballa en «tratar de facer un equipo competitivo para tentar ascender» de volta á D.H.P.F. Nesta liña, «temos apalabrado a todo o último plantel, agás a Erika Franco, que se retira -con case 40 anos- e María Alén, que marcha por estudos», ademais do técnico, Víctor, novo director deportivo do B. Xallas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Asmubal queda sen oco na Prata, e xogará en Galega