«En Mugaritz danche todo para que, se queres, sexas o mellor do mundo»

Este mozo de Meaño triunfa no salón de Madrid, na que levaba tres anos quedando entre os dez mellores


meaño / la voz

Hai xa ano e medio que Eduardo Camiña, natural de Meaño, marchou de sumiller para un dos mellores restaurantes de España, Mugaritz. Este mozo de Meaño amósase encantado coa experiencia que está vivindo. E co segundo posto que acaba de conseguir no concurso de sumilleres do Salón Gourmets.

-Supoño que este segundo posto é case coma un triunfo.

-Estou supercontento. Este ano estudei e polo menos conseguín algo. É o terceiro ano que me presento e, antes, sempre quedaba entre os dez mellores. Pero este ano aspiraba a quedar entre os tres primeiros e conseguino.

-¿En que consiste a proba?

-Primeiro fanche un exame de 40 preguntas de todos os viños do mundo, pero tamén de temas gastronómicos coma os queixos, os aceites, a manteiga ou os puros. Despois temos que probar tres viños, un branco, un tinto e un doce e describilos. De entre todos os que se presentan, escollen aos dez mellores e, entre eles, aos tres primeiros, que temos que subir ao escenario

-E aí a cousa complícase máis.

-Son 45 minutos moi intensos, porque estás enriba dun escenario e todo é moi rápido. Primeiro temos que catar dous viños, un en inglés e outro en castelán, falando para todo o público. Despois poñen tres copas negras nas que tes que identificar que hai, pode ser viños ou calquera tipo de licor, como vodka. Tamén temos que atopar erros nunha carta de viños e responder nunha situación real dun restaurante, recomendando viños para un menú. E a proba final é decantar un viño seguindo todos os pasos.

-Leva xa ano e medio traballando en Mugaritz ¿Como lle van as cousas?

-Moi ben. É unha experiencia totalmente distinta. Somos un grupo de 22 persoas na sala e temos un xefe, Guillermo, que me axudou moito a conseguir isto. Aquí hai moita sensibilidade co viño e abrimos e probamos de todo. Hai cousas que son únicas no mundo e que aquí as probamos. E a cociña crea pratos especiais para ese viños. Hai moita complicidade entre a sala e a cociña. Estou súper feliz porque aquí danche todo para que, se queres, sexas o mellor do mundo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

«En Mugaritz danche todo para que, se queres, sexas o mellor do mundo»