«Pensei non presentarme, pero agora quero ser candidata»

Hai un ano meditou deixar a política por motivos persoais, pero mudou de idea e volverá a liderar ao PP

.

meaño / la voz

O próximo 18 de xuño fará 23 anos que Lourdes Ucha entrou na política municipal de Meaño, na que xa leva máis de cinco anos coma alcaldesa. E, aínda que hai quen xa daba por feito que este sería o seu último mandato, a rexedora está disposta a seguir pelexando. Desminte que exista un grupo de críticos que negocie cos independentes e descarta a absorción deste grupo por parte do PP. Iso si, recoñece que hai un ano meditou non volver presentarse, pero foi por motivos persoais. Mudou de idea. Os apoios que está recibindo ultimamente por parte de veciños e militantes levárona a tomar a decisión de volver ser candidata.

-¿Vai ser Lourdes Ucha a candidata do PP nas próximas municipais?

-É certo que hai un ano pensei non presentarme ás eleccións, pero foi por motivos familiares, agora quero ser candidata. Si que me gusta á política pero, ás veces, hai outras áreas que te afectan ao teu traballo. Agora, a raíz de todo o que se está dicindo, e dos apoios que estou recibindo dos veciños, dos afiliados e da xente, claro que me reprantexei por completo a miña situación. Voume presentar de novo á alcaldía, sempre e cando o PP de Meaño estea de acordo, claro.

-¿Que pasa cos independentes? ¿Queren acabar co PP?

-Eu que creo que máis que contra o partido van contra min. Meaño Independiente non son de dereitas, son un colectivo que nace aquí con diferentes figuras políticas, pero a súa oposición é hacia a persoa de Lourdes, a súa posición é a de desbancarme.

-¿Pero hai discrepancias no PP de Meaño coa alcaldesa?

-Como en todos os grupos, cando se toman decisións sempre hai a quen lles gustan e a quen non. Pero desavenencias non hai ningunha.

-¿Vai o PP negociar cos independentes para integrar unha única lista?

-Ninguén plantexou esa idea. Tal e como discurriron as cousas xa non cabe esa posibilidade, pero tampouco houbo por parte de ningunha das agrupacións intención de agruparse, nin creo que teña cabida.

-¿Que valoración fai deste mandato?

-Foi diferente. Creo que mudou a forma de facer oposición. Hai unha oposición política e outra que nada máis que intenta acabar co grupo de goberno. Polo demais é un mandato bo, no que os proxectos os imos executar nestes últimos anos por culpa da crise económica, aínda que para min os proxectos máis importantes son o día a día cos veciños.

-¿Qué obras van rematar?

-Estamos na fase final de abrir unha rúa en Lores. Foi moi complicado porque houbo que facer un plan especial, pero agora xa estamos negociando a adquisición de terreos cos veciños. Tamén estamos traballando para abrir unha praza pública en Dena. Había que conseguir un lugar axeitado, tiñamos varias opcións, pero vimos que donde hai máis concentración de xente era na rúa Ponte Dena. Mercamos uns terreos e agora xa temos aprobado o proxecto e esperamos que se execute en breve. Tamén rematamos o campo de fútbol de Meaño e estamos a punto de cambiar a herba do de Dena. E estamos buscando unha solución para o pavillón, que ten problemas de condensación. Agora temos outro proxecto, pero somos un pouco escépticos porque o que os técnicos nos dixeron que funcionaría, o dos ventiladores, non serviu.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

«Pensei non presentarme, pero agora quero ser candidata»