O Asmubal xógase coa potente S.A.R. chegar vivo á derradeira xornada de Liga

O cadro meañés descenderá hoxe se non puntúa e o Palencia lle gaña ao pechacancelas, Seis do Nadal


vilagarcía / la voz

O Asmubal Meaño pode rematar o día de hoxe cun paso adiante cara a permanencia, ou despedirse da División de Honra Prata Feminina de balonmán sen nada que facer xa na derradeira xornada de Liga. Así as cousas, gañarlle esta tarde (18 horas) no Pavillón Municipal de Coirón á S.A.R. Rodavigo, cuarto clasificado con 36 puntos resulta crucial para o conxunto que dirixe Víctor Garrido. 

Con tan só 10 puntos no seu haber, o Asmubal xoga en paralelo no partido que o BM Palencia Turismo, antepenúltimo con 11 puntos, disputa na súa cancha ante o pechacancelas, o Seis do Nadal, renacido nas últimas tres semanas de competición, nas que conseguíu sumar 4 dos seus 9 puntos. Se o Palencia gaña e o cadro meañés non puntúa -ten o goalaverage ao seu favor- o Asmubal descende hoxe. O problema é que Víctor Garrido encara o encontro baixo mínimos, cun plantel xa curto que perdeu a Sara por lesión no último encontro e que non pode contar desta volta nin con Victoria nin con Vanesa, de viaxe. Difícil punto de partida para medirse a unha S.A.R. cun xogo que eleva a súa produtividade cando as súas xogadoras conseguen correr a pista con facilidade.

As xuvenís aspiran ao Nacional

Noutra orde de cousas, o equipo xuvenil feminino do Asmubal pelexará mañá, a partir das 12.30 na cancha do Cangas, por amarrar a súa actual segunda praza na División de Honra Galega na derradeira xornada de Liga, e asegurar así a súa participación no Campionato de España.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Asmubal xógase coa potente S.A.R. chegar vivo á derradeira xornada de Liga