Unha lesión grave de Sara Estévez acaba coas opcións de vitoria do Asmubal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

MEAÑO

MONICA IRAGO

O equipo volve a zona de descenso

13 mar 2018 . Actualizado a las 15:34 h.

O Asmubal Meaño voltou o pasado domingo á zona de descenso a falta xa tan só de tres xornadas máis por disputar na Liga de División de Honra Prata Feminina. Cunha derrota, 31-34, ante o quinto clasificado, o B.M. Gijón, en partido finalmente disputado no meañés Pavillón Municipal de Coirón, e co B.M. Palencia Turismo superando 24-22 o Lanzarote Zonzamas para adiantar nun punto o equipo do Salnés.

Ata o minuto 50 mantivo igualado o Asmubal o choque. Suplindo a defensa mixta sobre a súa central, Raquel, co xogo de 2x2 coa pivote ante a defensa aberta do Gijón. Sara Estévez estaba a resultar crucial. De aí que a súa grave lesión no minuto 47 supuxera un durísimo golpe para o Asmubal. Sobre todo, polo impacto psicolóxico que supuxo para as súas compañeiras, na maioría Sub-23, ver o nocello mancado de Sara Estévez sangrar por unha ferida aberta que requeríu o seu traslado en ambulancia ao Hospital Domínguez. Alí permaneneceu a inda xuvenil toda a noite, cunha placa e cun TAC descartando rotura ósea, e pendente dunha resonancia para coñecer o nivel de gravidade da lesión. Sen ela o Asmubal se descentrou, e rematou caendo.

Acusación política do Concello

Noutra orde de cousas, o goberno local de Meaño atribuíu a protesta da noite do pasado venres duns 60 xogadores, técnicos, directivos e pais do Asmubal pola condensación do pavillón municipal de Coirón a «una argucia política muy sucia de Meaño Independiente», sorprendéndolle que o Asmubal «se preste» a ela.