A Vikinga é a quinta mellor entre as festas populares de España

Sara Abalo Pérez; R. E. CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

O desembarco é un dous elementos chave da selección
O desembarco é un dous elementos chave da selección SERGIO SUEIRO

O ranking de Ron Barceló declara o desembarco das Torres do Oeste como un dous elementos máis icónicos

28 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A Romaría Vikinga é unha das cinco mellores festas populares de España. Cando menos, así o recolle o ránking de Ron Barceló e Billionhands das festas de pobo máis destacadas. Ante a noticia, o Concello de Catoira vén de expresar a súa enorme satisfacción polo recoñecemento acadado.

A celebración catoirense irrompe por primeira vez nesta clasificación e faino compartindo espazo con algunhas das mellores festas do Estado. Para o alcalde, Xoán Castaño, aparecer neste ranking é un importante «espaldarazo» ao traballo realizado para mellorar a Romaría en calidade, organización e autenticidade.

O perfil elaborado por Billionhands pon foco nos elementos que lle confiren a esta cita a súa personalidade: as Torres do Oeste, o desembarco, a súa condición de Festa de Interese Turístico Internacional, o mercado medieval, os desfiles, a gastronomía e a música en directo. De feito, para o Concello é realmente satisfactorio que sexan eses aspectos os que se poñan en valor, «é moi significativo que o que destaca sexa aquilo que nós queremos preservar» sinala Castaño. Ademais, destacan a gran repercusión que pode ter para a vila aparecer no quinto posto: «posiciónanos no mapa das grandes festas populares».