Catoira pecha este sábado a ponte do paseo fluvial para iniciar as obras

Sara Abalo Pérez; S. G. CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Este sábado pechará a ponte do paseo fluvial
Este sábado pechará a ponte do paseo fluvial MONICA IRAGO

A construcción da nova pasarela peonil elevada é outra das intervencións que están pendentes de realización na contorna de Catoira

28 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira pechará este sábado a ponte que forma parte do paseo fluvial e que une a Rúa da Estación coa zona dos Muíños de Abaixo na propia ponte. As obras consistirán na renovación da estrutura e comezarán coa súa desmontaxe, xa que presenta varias táboas e elementos de madeira deteriorados. Algo que fai necesaria unha intervención para garantir as condicións de seguridade.

A ponte xa fora pechada durante a celebración da Romaría Vikinga como medida preventiva perante o seu estado de deterioro. Por este motivo, a mellora forma parte da nova fase de actuacións prevista polo Concello para continuar coa recuperación e posta en valor do paseo fluvial. A actuación suporá un investimento de 40.000 euros, financiados polo Plan+ da Deputación.

O alcalde, Xan Castaño, lembra que a intervención se integra no paquete de obras para o paseo fluvial, de 12.000 euros xa executados, con outros 25.000 achegados polo programa Mar de Santiago. Ademais, enmárcase no traballo de mellora do paseo das Torres do Oeste, unha infraestrutura con 1,6 quilómetros de lonxitude, que require 200.000 euros para a súa posta ao día. Castaño lembra que está pendente a construción, por parte de ADIF, dunha nova pasarela peonil elevada na entrada da antiga Cedonosa, que substituirá o paso a nivel.