Catoira incorpora unha nova axente de información turística no espazo das Torres

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Martina Miser

A nova traballadora permitirá ampliar os servizos de atención ás persoas visitantes

27 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira vén de incorporar unha nova informadora da Rede Rías Baixas, o que supón duplicar o persoal dedicado á atención das persoas visitantes e ofrecer un servizo máis amplo e flexible tanto no CACTO como na nova oficina instalada no espazo das Torres de Oeste.

Segundo explica o alcalde Xoán Castaño (BNG), a nova profesional estará en activo por un período de catro meses cunha xornada de trinta horas semanais e traballará en coordinación coa técnica que xa prestaba servizo. Esta colaboración permite que as dúas profesionais poidan cubrir simultaneamente diferentes necesidades, ampliando os horarios de atención e facendo posible organizar actividades e visitas guiadas sen quedar sen atención para o resto do público. «Agora poderemos atender ás persoas que visitan o CACTO, recibir grupos e facer visitas sen ter que pechar a oficina, algo que antes estaba máis limitado pola dispoñibilidade de persoal», sinala o alcalde. A incorporación da nova informadora permite tamén ampliar e completar os horarios de atención ao público.