Catoira acollerá o 5 de setembro a terceira edición do Trofeo BasketBaia de 3x3
CATOIRA
A competición se desputará en Catoira, como o nome ben indica, na praza de Santa Baia
26 ago 2026 . Actualizado a las 13:10 h.O Concello de Catoira celebrará o vindeiro sábado cinco de setembro a terceira edición do Trofeo BasketBaia de baloncesto 3x3, unha cita que continúa consolidándose no calendario deportivo municipal. O torneo terá lugar na Praza de Santa Baia e aspira a reunir arredor dun cento de participantes.
A competición contará con tres categorías segundo as idades: A, para premini/mini de 8 a 11 anos; B, para infantil/cadete de 12 a 15; e C, para júnior/sénior a partir dos 16 anos. As primeiras categorías comezarán ás 10.30 horas, mentres que a sénior arrancará ás 16.30.
O alcalde, Xoán Castaño, destacou que a iniciativa permite fomentar a práctica deportiva e, ao mesmo tempo, dinamizar os espazos públicos da vila.
As inscricións estarán abertas ata as 22.00 horas do 3 de setembro, cun prezo de 20, 25 e 30 euros por equipo, segundo a categoría. En caso de choiva, os partidos trasladaranse ao Pavillón Polideportivo Municipal.