O Concello de Catoira acomete as obras de mellora e ampliación da estrada de Gondar

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Concello de Catoira

Os traballos demoráranse pola proximidade dun castro

13 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira iniciou onte as obras de mellora da estrada de Gondar, na parroquia de Dimo. A actuación permitirá eliminar o estreitamento existente nun dos puntos máis problemáticos da vía e mellorar de maneira notable a seguridade e as condicións da circulación. O alcalde, Xoán Castaño (BNG), asegura a importancia da intervención, tanto pola mellora que suporá para a vía como porque responde a unha demanda da veciñanza de Gondar que se viña mantendo desde hai anos. «Era unha actuación necesaria e moi demandada», confirma.

Marconsa será a empresa encargada en executar os traballos de ampliación da estrada mediante a ocupación dos terreos que o Concello conseguiu a tal fin.

A intervención contempla o aglomerado dunha superficie duns 120 metros cadrados e a eliminación do estreitamento situado nunha curva a uns 17 metros da intersección coa PO-548. O inicio das obras chega por fin, tras unha longa tramitación debido á proximidade do Castro de Folgar, un asentamento catalogado por Patrimonio. Porén, o último informe técnico confirmouse a compatibilidade da obra coa protección do xacemento, permitindo avanzar finalmente.