O traballo de Roi Casal Ambos mundos toca terra en Cervo

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Esta vila foi elixida polo artista de Catoira para presentar en vivo o seu novo traballo

21 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O intérprete e compositor Roi Casal estrena esta fin de semana o seu novo espectáculo Ambos Mundos.O artista confirma que o seu novo repertorio estará conformado polos temas máis actuais, xunto a outras cancións que van dende os ritmos latinos das súas últimas xiras ao estilo pop máis puro dos seus inicios.

Nesta xira verán a luz por primeira vez temas como “Xunto a ti”, o primeiro dos singles de Ambos Mundos que conta coa produción de Charly Rodgarman (productor de orixe galega afincado en EEUU). A canción foi gravada en Los Ángeles (California) no mes de decembro e conta cun videoclip realizado en distintas localizacións de Galicia entre as que se atopa a Fervenza de Sargadelos do Paseo dos Namorados en Cervo.

O primeiro concerto con este novo espectáculo será na Praza dos Campos de San Cibrao (Cervo) este sábado 22 de abril ás 22:30h, promovido na súa totalidade polo Concello de Cervo e a entrada será libre.