Iván Caamaño anuncia medio millón de euros para a parcelaria en Catoira

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Martina Miser

«Sen Luis López, a parcelaria en Catoira sería algo que estaría aínda sen solución algunha», asegura o concelleiro do PP

28 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado venres, o BNG sacaba peito tras ter «arrincado» á Xunta, vía Parlamento, o compromiso de reactivar a parcelaria de Catoira. Este luns foi o PP quen se arroga o mérito de ter conseguido que «parcelaria de Catoira vaia ter novas bases cunha inversión de case 500.000 euros». «Unha reformulación total das bases abre un período novo que solucionará o problema de toda a cantidade de alegacións que foron presentadas, e que esperemos este novo período solucione os problemas que impiden que vaia adiante a parcelaria», di Iván Caamaño, que asegura ter tido un papel activo na toma desta decisión, transmitíndolle a urxencia de abordar a esa cuestión a Luis López, o delegado da Xunta, pouco despois da súa toma de posesión. Para López ten Caamaño palabras de agradecemento, xa que entende que «sen Luis López, a parcelaria en Catoira sería algo que estaría aínda sen solución algunha». Tamén agradece a Inés Santé, Directora Xeral de desenvolvemento Rural, o traballo realizado.