A obra seguirá en cartel hoxe, mañá e o domingo
27 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
O alumnado de ensino Secundario e Bacharelato de Catoira asistiu onte pola mañá, no auditorio desta vila, á desfrutar da primera das representacións que o Centro Dramático Galego fará na localidade de Ás oito da tarde, cando morren as nais. A peza volverá a poñerse en escena hoxe e mañá, ás nove da noite, e o domingo a partir das sete da tarde. As entradas para asistir están xa á venda na web ataquilla.com a un prezo de catro euros, con descontos para diversos colectivos, e poderán adquirirse tamén no despacho de billetes desde unha hora antes da función, segundo indican dende o Concello de Catoira. Ás distintas representacións está confirmada a asistencia de veciñanza dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Cambados e Gondomar, ao abeiro do programa de mobilidade do CDG, que permite contratar autobuses ao servizo dos concellos interesados en desprazar público a Catoira.
Todas as representacións desta peza son inclusivas, grazas ao sistema posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade que permite dispoñer de interpretación en lingua de signos, subtitulado e audiodescrición en todas as producións.