Marta López
Traballadora social, sexóloga e fotógrafa, a coruñesa Verónica Ramilo (1978) participou onte nunha xornada sobre a endometriose celebrada no Fórum Carballo. Falou desta doenza, dos seus principais síntomas e do descoñecida que aínda é a día de hoxe. Ramilo forma parte da asociación QuerEndo e impulsa, xunto con outras dúas artistas, unha exposición fotográfica que pretende visibilizar a endometriose a través da arte. Nestes momentos está colocada na biblioteca Concepción Arenal de Santiago e alí permanecerá ata finais de mes. Sobre a importancia da educación sexual a tódalas idades, sobre a responsabilidade compartida da anticoncepción no seo da parella, sobre tabús e, como non, sobre a endometriose, falou con este medio: