Piden axuda para atopar a unha galgo anciá e que precisa medicación perdida en Catoira desde o xoves

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Foto recente de Brisca; é alta, moi fraca, atrigrada e levaba un colar de coiro ancho e castaño
Foto recente de Brisca; é alta, moi fraca, atrigrada e levaba un colar de coiro ancho e castaño PROPIAS

Brisca foi a compañeira de Mónica Touriño nos primeiros títulos da canicrosser arousá

15 ene 2022 . Actualizado a las 14:18 h.

Chámase Brisca e é unha galga anciá, de 14 anos, alta, moi fraca e atigrada que precisa medicación. De aí a enorme preocupación da súa dona, Mónica Touriño, que tantas horas de carreiras compartíu con ela, a súa compañeira nos primeiros títulos conquistados pola mellor canicrosser española de todos os tempos. A cadela falta da súa casa de Catoira desde o xoves ás sete da tarde e desde entón Mónica e a súa familia non tiveron máis información dela que o feito de parece ser que alguén a víu na rotonda da igrexa de Catoira e a meteu no seu coche. E se ben no fogar de Brisca confían en que fora para evitar que a atropelaran, o certo é que ninguén se puxo inda en contacto coa súa familia para devolvela ao seu fogar.

PROPIAS

É por iso que, despois de dar aviso en todas as clínicas veterinarias e protectoras de animais da zona, e logo de colocar carteis por onde puideron, Mónica Touriño e a súa familia solicítanlle a axuda a calquera que tivera visto a Brisca. Antes de perderse levaba un colar de coiro ancho de cor castaña e contaba con chip.

Calquera que poida ter información sobre o paradoiro de Brisca pode contactar con Mónica Touriño no número de teléfono 626 274 406 ou co seu marido, Anxo, no 670 932 554.