O BNG acusa o PP de Catoira de branquear a García e traizoar aos seus votantes

O grupo de goberno cualifica de insólita a pinza que están a facer PSOE e PP


catoira / la voz

O BNG de Catoira cualifica de insólita a posta en escena que fixeron o venres os portavoces do PSOE e do PP para denunciar o mal estado no que se atopa o paseo fluvial de As Torres. Esta convocatoria de prensa serviu tamén para saber que a oposición non desbota a posibilidade de presentar unha moción de censura para apartar a Xoán Castaño da alcaldía, o cal non deixou indiferente ao goberno nacionalista.

«Non é de estrañar que Alberto García queira volver a toda costa, pero máis difícil de crer e pensar é que Iván Caamaño branquee e impulse de novo a figura do responsable da situación económica ruinosa». O goberno local percibe no líder do PP «moita presa por acadar o poder», a costa, incluso, de «traizoar a gran parte do seu electorado».

«Se Iván Caamaño quere restaurar 30 anos de García ten que utilizar outros argumentos e explicar realmente os seus motivos. Nas súas críticas van a remolque do que está a facer este goberno e non soportan que se fagan as cousas doutra forma».

Nesta nova maneira de gobernar aluden ás reunións cos veciños e ás xestións con asociacións en clubs, así como, no eido institucional, á liña de colaboración aberta con Vilagarcía para recuperar o Camiño Real ou a posta en marcha dun plan de emprego. En relación á política laboral, aclaran que o Concello vén de contratarse dous operarios, desmentindo así ao PP.

Os nacionalistas falan de novos tempos en Catoira, nos que «non se saquean as arcas municipais» nin hai prácticas «de dubidosa legalidade para cobrar un salario encuberto», din en alusión a García.

Una moción de censura en Catoira con el PSOE-PP: «Pode ser»

Bea Costa

Alberto García e Iván Caamaño unen sus voces para denunciar la deriva de «desgoberno» que vive el Concello

Los portavoces del PSOE y el PP de Catoira, Alberto García e Iván Caamaño, respectivamente, comparecieron este viernes ante los medios de comunicación para denunciar el mal estado en que se encuentra el paseo fluvial de As Torres. Es la primera vez que protagonizan un acto de este tipo y la pregunta era obligada: ¿Es la antesala de una posible moción de censura? «Pode ser», contestó el popular. «Todo o mundo pode pensar o que queira. O que está claro é que como siga este desgoberno temos que defender os interese xeral dos veciños, non podemos deixar que se deteriore máis a situación. Por responsabilidade, non poden gobernar tres en contra de 1.500 votos», apuntó Alberto García.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
16 votos
Comentarios

O BNG acusa o PP de Catoira de branquear a García e traizoar aos seus votantes