O ciclo «Tempo de Saúde» chega hoxe a Catoira

La Voz

CATOIRA

17 oct 2019 . Actualizado a las 12:34 h.

Hoxe • 18.30 horas • Multiusos de Catoira • Catoira acolle hoxe unha conferencia do ciclo «Tempo de Saúde», un ciclo de charlas sobre a saúde que xorden da colaboración entre a Deputación e o Colexio Oficial de Médicos. No caso de hoxe, a cita será ás seis e media no multiusos, onde o doutor Juan José Sánchez Castro falará sobre o alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas. A conferencia está dirixida a un público da terceira idade, pacientes, persoas coidadoras e usuarios das entidades de iniciativa social. «Tempo de Saúde» é unha proposta que consiste en accións formativas sobre saúde, unhas dirixidas ás persoas da terceira idade, como é o caso da de hoxe, e outras á xuventude. Este é o segundo ano que se desenvolve esta iniciativa de divulgación.