O PP tacha a Castaño de peor alcalde ca García pola súa xestión das Lombas

Caamaño acúsao de «saír na prensa dicindo tonterías»


vilagarcía / la voz

A valoración do alcalde de Catoira, Xan Castaño, considerando «inasumible» o custo da reforma integral do campo municipal das Lombas recollida na memoria elaborada por un arquitecto a petición da Real Federación Galega de Fútbol, e a crítica ao Catoira S. D. por presentarlle o documento ao grupo municipal do PP antes có propio goberno local, carente del a golpe de luns, tivo onte resposta do Partido Popular.

«O proxecto foi recibido polo Catoira S. D. o venres pola tarde. Iván Caamaño -voceiro do PP- recibe o proxecto o sábado pola mañá, e ante as características deste o club decide cambialo porque non está conforme, xa que cre que varias partes non se axustan ás súas necesidades. O sábado, o PP e o club cambian parte do proxecto para mandarllo á Federación a modificar», din no PP, no que aseguran ter informado a Castaño de que tería o proxecto o martes; arremetendo contra o alcalde, ao que acusa de «saír na prensa dicindo tonterías», e de ser «tan malo ou peor alcalde do que o foi [Alberto] García».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O PP tacha a Castaño de peor alcalde ca García pola súa xestión das Lombas