O Catoira SD organízalle unha homenaxe a Padín cos veteráns do Dépor e do Pontevedra

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CATOIRA

MARTINA MISER

10 sep 2019 . Actualizado a las 21:44 h.

O Campo das Lombas será este sábado, desde as cinco da tarde, o escenario da homenaxe que o Catoira SD lle preparou a Carlos Padín, un dos máis talentosos futbolistas da localidade, que aos seus 44 anos volve ao equipo do seu pobo cumprindo un cuarto de século xogando ao balompé.

O Catoira SD conseguíu montar un triangular entre os conxuntos veteráns do Deportivo da Coruña, do Pontevedra, e do groso do resto dos equipos polos que Padín foi construíndo a súa lonxeva carreira deportiva. Con Donato como estrela confirmada nas filas do conxunto herculino.

Haberá ademais unha representación institucional de todos os clubs polos que pasou Padín nestes 25 anos, coas excepcións dos dous galegos e xa desaparecidos Lleida e Logroñés, que lle entregarán un agasallo ao futbolista, e se farán unha foto final con el e con todas as camisetas que defendeu.

A intención dos responsables do Catoira S.D. é poder contar tamén cos dous futbolistas catoirenses do Celta de Vigo, Sergio Álvarez e Íker Losada, pero quedan pendentes das convocatorias do seu club para a xornada de Liga desta fin de semana.