Catoira homenaxea a súa estrela da pa

La Voz

CATOIRA

MONICA IRAGO

Carla Frieiro recibiu unha calusora benvida no Concello

06 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Carla Frieiro chegou onte a primeira hora da tarde de volta a Catoira. Facíao con máis peso do que levou a comezos da semana pasada cando partía á localidade romanesa de Pitesti para participar no Campionato do Mundo Júnior de Piragüismo Esprint. Cando cría ir para casa co seu flamante bronce no K1 500, atopouse con que os seus transportistas a desembarcaban no consistorio vikingo. Alí, co alcalde catoirense, Xoán Castaño, á fronte da comitiva, recibíu os parabéns dos seus veciños. foto mónica irago