Íker Losada busca o pase á fase final do Nacional por Autonomías Sub-18 con Galicia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CATOIRA

Daniel Kahnert -Unión Adarve

O catoirense capitanea a selección obrigada a gañar os seus dous partidos en Zaragoza

22 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

As seleccións galegas Sub-16 e Sub-18 chegaron onte a Zaragoza para disputar, entre hoxe e o sábado, a segunda fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas de ambas as dúas categorías. Unha cita que conta cun arousán entre os seus protagonistas. O catoirense Íker Losada Aragunde, dianteiro do Celta e capitán do combinado galaico Sub-18 que dirixe Jesús López.

Con tan só 3 dos 6 puntos en xogo na primera fase no seu haber, a Galicia capitaneada por Íker Losada teno francamente complicado para facerse cun dos postos na fase final do Nacional. As súas escasas posibilidades pasan por gañar os seus dous encontros, hoxe fronte a anfitrioa, Aragón, e mañá contra Navarra.

Íker Losada vén de vivir, dúas semanas atrás, o seu debú como internacional con España, conquistando en terras canarias a Copa do Atlántico con dous goles da súa factura.