Catoira súmase a unha campaña contra a violencia machista

La Voz

CATOIRA

Cedida

O Concello repartirá bolsas nos 1.185 domicilios da vila

22 feb 2019 . Actualizado a las 14:03 h.

O Concello de Catoira vai repartir nos 1.185 domicilios da vila viquinga outras tants bolsas de algodón co lema «Non máis violencia de xénero». Na bolsa estará rotulado tamén o 061, o número de información para este tipo de casos. O reparto destas bolsas forma parte dunha campaña promovida en colaboración co Goberno central. De facer o traballo porta a porta encargaranse os alumnos de cuarto da ESO do colexio Progreso, que dese xeito conseguirán fondos para a súa excursión de fin de curso.