O Concello de Catoira pon en marcha unha campaña de promoción do idioma

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Cedida

Farase no ámbito do comercio local e da reducción de residuos

30 ene 2019 . Actualizado a las 20:06 h.

Potenciar no noso. Coidalo. Darlle un empurrón cando o precisa. Eses tres obxectivos son os que persegue o Concello de Catoira cunha iniciativa que ven de por en marcha estes días. Trátase dunha campaña coa que se quere "concienciar á poboación sobre a necesidade de apoiar ao comercial local, ao mesmo tempo que se fomenta o uso do galego e a reutilización das bolsas da compra". Para iso, estanse a distribuír 1500 bolsas resistentes en material reciclable, co logo do Concello e o lema “Eu merco en Catoira” entre todos os establecementos comerciais do municipio. As bolsas serán entregadas de balde aos consumidores que acudan a calquera destes establecementos. Esta iniciativa conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra.