Íker Losada lidera o triunfo de Galicia sobre Estremadura

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CATOIRA

GonzaloSalgado FEDERACION GALEGA DE FUTBOL

A selección galega sub-18 abre en Baltar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas

28 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A selección galega Sub-18 abríu onte a primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas cun triunfo por 3-1 sobre o combinado de Estremadura. Unha vitoria no campo sanxenxino de Baltar co dianteiro catoirense do Celta de Vigo Íker Losada liderando o equipo galaico.

Auténtico pesadelo para a zaga rival, Íker Losada abríu o marcador no minuto 13, finalizando unha brillante xogada persoal con remate na área tras unha internada por un lateral do rectángulo maior dos dominios do porteiro estremeño. E co tanto do seu compañeiro Hugo subido xa desde o minuto 21, o de Catoira rozou o 3-0, pero o seu remate rematou co coiro repelido por un poste.

Co portonovés Lautaro asegurando o triunfo no 77 tras recurtar Alberto Vaquero a vantaxe galega, Íker Losada servíulle a Hugo un balón de ouro que o seu compañeiro enviou ao poste antes da substitución do vikingo no minuto 83 por David Guitián.

Galicia mediráse mañá ás 12.30 coa vixente campioa de España, Valencia, tras o duelo desta hoxe con Estremadura.