Craviotto e Chourraut confirman que irán ao Congreso de Catoira

Xunto a Craviotto e Chourraut, Isorna adiantou que Jean-Michel Prono, presidente do comité da eslálom da Federación Internacional de Piragüismo, acudirá tamén


vilagarcía / la voz

A súa presenza foi anunciada meses atrás na presentación do programa. Onte o presidente do Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo de Catoira, Manuel Isorna, confirmou que os campións e multimedallistas olímpicos Saúl Craviotto (augas tranquilas) e Maialen Chourraut (augas bravas) estarán presentes na cita congresual, que se celebrará no auditorio da vila vikinga entre os días 25 e 28 do presente mes.

Xunto a Craviotto e Chourraut, Isorna adiantou que Jean-Michel Prono, presidente do comité da eslálom da Federación Internacional de Piragüismo, acudirá tamén a Catoira, para falar da evolución técnica e do sistema de vídeo arbitraxe en augas bravas.

O presidente do comité organizador do Congreso informou onte tamén de que este superou xa as 200 inscricións, procedentes de quince países de Europa, de América e de Asia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Craviotto e Chourraut confirman que irán ao Congreso de Catoira