A Deputación arrinca a mellora da estrada da igrexa de Caleiro

La Voz VILANOVA / LA VOZ

CATOIRA

MARTINA MISER

La entidad licita también obras en el vial entre Dimo y Coaxe

25 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O departamento de Mobilidade da Deputación iniciará este luns obras de mellora do firme na estrada de enlace coa igrexa de Caleiro, en Vilanova. A actuación, que se decidiu despois de detectar pequenas fochancas, fendas e cuarteados, prolongarase durante varios días cos traballos de aglomerado. Aplicarase tamén unha capa de tratamento antiescorregadizo e repintado da sinalización horizontal.

Licitación en Catoira

Por outra banda, a Deputación vén de sacar a licitación as obras de mellora da seguranza viaria na estrada Dimo-Coaxe (Catoira), por un orzamento de 78.728,67 euros. O prazo de execución é de catro meses logo do inicio dos traballos.