Carla Frieiro, sétima na final do K-1 200 do Mundial Xuvenil

A padexeira das Torres-Romaría Vikinga pelexa hoxe no K-1 500 na derradeira xornada da cita de Plovdiv, cos deportistas do Náutico O Muíño María Pérez e Manuel Fontán buscando o podio no C-2 500 e no C-4 500, respectivamente


vilagarcía / la voz

Viaxou a Plovdiv, Bulgaria, convencida das súas opcións de medalla no K-1 200, pero Carla Frieiro (As Torres-Romaría Vikinga) deberá exprimir hoxe o seu rendemento no K-1 500 para saír con premio do Campionato do Mundo Xuvenil e Sub-23 de Esprint. A padexeira catoirense rematou onte sétima na final polo título do 200 cun crono de 41,509. A practicamente un segundo da campioa, a húngara Alida Gazsó (40,548), coa bielorrusa Ina Sauchuk prata (40,623) e coa italiana Irene Bellan conseguindo o bronce en 40,864 empregando 645 milésimas de segundo menos cá arousá.

Frieiro busca a primeira hora de hoxe o pase á final do K-1 500, ao igual que os padexeiros do Náutico O Muíño María Pérez e Manuel Fontán ás do C-2 500 e C-4 500 respectivamente, ambos, como a catoirense, en categoría xuvenil.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Carla Frieiro, sétima na final do K-1 200 do Mundial Xuvenil