As mulleres das Torres brillan no Miño de Ourense

O Náutico O Muíño, terceiro no Galego Alevín, Benxamín e Prebenxamín

.

vilagarcía / la voz

Rebeca Laurijssen e Ángela Baúlde, na proba de K-2 Sénior, e Raquel Dacosta, na do C-1 Sénior, déronlle sendas vitorias ás Torres-Romaría Vikinga no L Descenso do Miño de Ourense. Unha cita con máis de medio milleiro de padexeiros de 38 equipos, que contou con máis podios arousáns.

Sen ir máis lonxe, no do K-2 Sénior Feminino, con Fátima Ordóñez e con Antía Santiago, compañeiras das gañadoras, bronce. O meisino do Naval de Pontevedra Breogán Monteagudo acabou terceiro no K-1 Sénior, e Adrián Lameiro, do Breogán, segundo no C-1.

 

O Muíño, terceiro no Galego Alevín, Benxamín e Prebenxamín

O Campionato Galego Alevín, Benxamín e Prebenxamín víu a coroación do Club del Mar Ría de Aldán como mellor equipo nas augas de Lugo, cun total de 5.346 puntos, polos 5.188 do Club Náutico Firrete e polos 3.757 do Club Náutico O Muíño Stark Group de Ribadumia, que pechou o podio colectivo.

Na parcela individual, salientar entre os competidores arousáns o título benxamín de Carla Santos (Náutico Pontecesures) por diante de Sofía Parada (Piragüismo Cambados), segunda como na mesma categoría, pero masculina, Iván Dovalo (Piragüismo Cambados). Tamén se colgaron cadansúa prata Pablo Contiñas (Náutico O Muíño) na categoría prebenxamín, e Ainhoa Lorenzo (Náutico Pontecesures), na alevín A.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

As mulleres das Torres brillan no Miño de Ourense