As Torres, terceiro no podio xuvenil feminino da primeira Copa de España

Media ducia de medallas arousás en barcos de equipo


vilagarcía / la voz

A segunda cita da Liga Nacional de Esprint Olímpico saldouse con grandes notas para o piragüismo arousán a pasada fin de semana no encoro asturiano de Trasona. Máis aló dos dous títulos individuais colleitados na mañá da primeira xornada da Copa de España polos xuvenís Manuel Fontán (Náutico O Muíño) e Carla Frieiro (As Torres-Romaría Vikinga) no C- 1.000 e K-1 500 da súa categoría, co primeiro obtendo a praza española no vindeiro Mundial Xuvenil, e ademais das pratas de Diego Romero (Breogán do Grove) no C-1 1.000 Sénior a 2 décimas de Adrián Sieiro (Poio), e de María Pérez (O Muíño) no C-1 500 Xuvenil, O Salnés e Baixo Ulla completou a competición con máis boas novas.

A nivel de clubs, o As Torres-Romaría Vikinga finalizou terceiro na clasificación xeral xuvenil feminina, consolidando as súas aspiracións de rematar a tempada no podio final. Na categoría sumou 130 puntos, polos 248 do E.P. Aranjuez, e polos 213 do Círculo de Labradores. O equipo vikingo quedou a sete puntos de facer o propio na categoría sénior feminina, superado pola E.P.C. Pontevedra; o mesmo có Breogán na sénior masculina, con 178 puntos, aquí xa lonxe dos 263 do Náutico de Sevilla, terceiro. Na xeral global o As Torres foi o unico arousán Top 10, sexto.

Por barcos, ademais do xa comentado, nas parellas séniores Noel Domínguez e Diego Romero (Breogán) foron subcampións no C-2 1.000 e Raquel Dacosta e Rebeca Laurijssen bronce no K-2 500, coas súas compañeiras das Torres Carla Frieiro e Natalia Guillán segundas no K-2 xuvenil. E nos de catro tripulantes, vitoria do C-4 Sénior do Breogán, e terceiros postos para os K-4 500 femininos de Catoira en sénior e xuvenil.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

As Torres, terceiro no podio xuvenil feminino da primeira Copa de España