Touriño e Nepal, e Piñeiro e Siddhartha afianzan o su liderado na Copa de España

As dúas parellas do Kennel Den ampliaron o seu pleno de triunfos na proba asturiana disputada o pasado domingo en La Fresneda


vilagarcía / la voz

Nova xornada en positivo do Kennel Den de Catoira, que ve os seus catro deportistas de referencia, Mónica Touriño e Nepal, en canicrós sénior feminino, e o vigués Óscar Piñeiro e Siddhartha, en canicrós sénior masculino, afianzar o seu primeiro posto na xeral da Copa de España de Mushing en Terra ampliando a tres o seu pleno de vitorias. O pasado domingo, en La Fresneda, nas proximidades de Oviedo, impoñéndose nun circuito de 4.270 metros que se complicou para os mushers e para os seus compañeiros cánidos pola choiva, que dificultou unha das baixadas, nas que se produciron numerosas caídas.

O morañés Manuel Domínguez e Fly asinaron o terceiro podio do Kennel Den en La Fresneda. No seu caso, cun terceiro posto en canicrós veteráns masculino, no que ocupan o segundo posto da xeral, cos seus compañeiros de club Paco Alfaro e Tiny terceiros tras rematar cuartos en Asturias. O vilagarcián Kiko Martínez e Polo foron oitavos na proba, con Martínez undécimo ademais en patín, aquí facendo equipo con Lara e con Tíbet.

O Kennel Den volverá competir este sábado, en Boborás, en proba da Liga Galega, retomando a Copa de España o 3 e 4 de febreiro en Cérvoles (Lérida).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Touriño e Nepal, e Piñeiro e Siddhartha afianzan o su liderado na Copa de España