O mestre canteiro das novas e orgullosas Torres de Catoira

Cofundador do clube de piragüismo, Juan Lorenzo dedicou moito traballo e patrimonio a sentar os alicerces da entidade

;
El primer presidente del club As Torres nos cuenta sus comienzos De los restos de una pequeña fábrica a un club referente, Juan Conde recuerda como consiguieron las primeras piragüas

Novecentos anos contemplando a baixada das augas do Ulla certifican a calidade do labor dos canteiros que traballaron na construción do que hoxe coñecemos como Torres de Oeste. O sinal de identidade dun pobo, o de Catoira, no que hai 40 anos se fixaban Juan Lorenzo Rodríguez e Pedro Baliñas para bautizar o que, catro décadas despois, é o outro gran motivo de orgullo da localidade. Un club que se leva tres lustros na elite do piragüismo español é porque tivo quen o coidase con agarimo no momento máis crítico de toda nova edificación. O de encofrar os alicerces que sosteñan as futuras novas alturas, impensables para os promotores daquel Club de Piragüismo As Torres de Catoira que botaba a andar en 1977.

Como un club de barrio. Así naceu o pentacampeón da Liga Nacional Hernando Calleja, cóntanos Juan Lorenzo Rodríguez (27/V/1933). Un proxecto impulsado desde a oficina local do Banco Pastor por Pedro Baliñas, afincado en Vilagarcía, co primeiro presidente das Torres como o seu socio necesario. «Pedro convenceume de que fundaramos un club de piragüismo entre os dous. El estaba relacionado co Club do Mar de Vilagarcía, e dicíame que era unha cousa boa para os nosos fillos». E nunha vila sen alternativa ao fútbol, non lle tivo que insistir moito a Juan.

Administrativo nunha construtora en Vilagarcía, Lorenzo lembra que «xuntamos os rapaces da Estación». E de aí saíu un grupiño dunha ducia de padexeiros de 10 a 12 anos. Nenos, e nenas. «Ían dúas ou tres veces á semana ao río. Non tiñamos adestrador. Aprendían os uns dos outros. Caían das piraguas, e axudábanse entre eles», relata.

Se o autodidactismo na auga era unha opción naqueles primeiros tempos, a falta de recursos materiais foi suplida no Club As Torres polo mecenado de Juan Lorenzo. Gardando as primeiras piraguas da entidade, de cuxa adquisición se ocupara Baliñas, no baixo dunha casa dos seus sogros, ata que a xestión da directiva conseguíu a cesión da fábrica abandonada de Cedonosa na que inda hoxe se asenta a sede das Torres. E dedicándolle as horas e cartos que fixeran falta para que os rapaces puideran competir. Porque sen haber entón grandes ligas, nin autonómicas nin nacionais, «iamos desde Tui ata Pontedeume. A Marín, a Pontevedra, a Pontecesures; á Toxa bastante». Pero tamén algunha vez, recorda o primeiro presidente, «ao pantano de San Juan de Madrid, e á Manga do Mar Menor». E para iso «metía as piraguas na baca do meu coche, seis, ou ata doce, e levaba os rapaces. Nunca lle pasei a gasolina ao club», apunta. Ao contrario, «todos os cartos que conseguiamos ían para amañar as piraguas, e para mercar outras». E como os socios nos primeiros anos eran poucos, «vendiamos lotaría». En Catoira, claro, máis «iamos desde Rois ata Vilagarcía. Montaba os rapaces no meu coche, e levábaos aló para vendela». Despois viría o uso dun bus da empresa de transportes dos seus pais para o desprazamento dos deportistas ás regatas.

Juan salienta a excelente relación que mantiñan desde As Torres co resto dos clubs e cos pais dos seus padexeiros. Motivado por axudar a medrar un equipo desde o que o seu fillo maior, Juan Antonio, mantiña unha guerra perdida co vilagarcián Roberto Porto, segundo e primeiro en todas as regatas das súas categorías base e con iso, grandes amigos. Pero despois de seis anos o cansazo fillo mella en Lorenzo. «E en canto veu outro -o xoven Juan José Temperán, xa colaborador-, deixeino». Sen facerse unha idea do grande de España no que chegaría a converterse a súa cocreación. «E que vaia cada vez mellor», exclama o mestre canteiro das Torres.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O mestre canteiro das novas e orgullosas Torres de Catoira