«É unha pena que a pegada dos vikingos non se explote»

Terré considera que o patrimonio vencellado aos normandos ten un potencial enorme


Vilanova será escenario ao longo desta semana dun curso da Universidade de Santiago sobre «Arte, historia, xeografía e cultura na comarca do Salnés: Intercambios e relacións exteriores». Nese marco, onte impartiu unha conferencia Rubén Terré, que reflexionou sobre os ataques dos vikingos, un pobo que Terré quere reivindicar como algo máis que simples saqueadores.

-¿O papel da ría foi tan estratéxico como se pensa?

-A ría foi a zona pola que chegaron todas as invasións e ataques que viñan por mar. É un lugar estratéxico, por iso foi en Oeste (Catoira) onde se construíron as Torres que «sellaban» a entrada as Terras de Santiago. Porque se os atacantes pasaban de aí, resultáballes moi sinxelo avanzar cara Compostela ou cara calquera outro lugar.

-¿As torres que hai ao longo da ría son todas parte dese sistema de defensa do que falaba?

-A tradición apuntaba a que a torre de San Sadurniño (Cambados) a mandou construír Sesnando II, pere agora esa é unha teoría en discusión. A Sesnando II, o gran construtor das fortificacións do Salnés, tamén se lle atribúe a da Lanzada.

-Se tivera que facer un roteiro vikingo na ría de Arousa, ¿que elementos formarían parte del?

-Pois eu creo que tería que empezar na Lanzada, e que tería que pasar tamén por Cambados, por San Sadurniño, pola torre de San Cibrán de Cálago, en Vilanova, e obviamente polas torres de Oeste, en Catoira. Nunha das sagas tamén se fala dun campamento base vikingo que tradicionalmente se sitúa en Cortegada. A verdade é que podería ter sido alí ou noutra illa da ría. É unha pena que a pegada dos vikingos non se explote máis.

Votación
0 votos
Comentarios

«É unha pena que a pegada dos vikingos non se explote»