Os Tribunais de Instancia de Vilagarcía e de Cambados reciben dous xuíces de reforzo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CAMBADOS

<span lang= gl >Imaxe do acto da xura ou promesa dos novos xuíces</span>
Imaxe do acto da xura ou promesa dos novos xuíces TSXG

Os xuíces saen da 75.ª Promoción da Carreira Xudicial

30 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Tribunais de Instancia de Vilagarcía de Arousa e de Cambados contarán cun xuíz en funcións de reforzo en cada unha das dúas sedes xudiciais do Salnés. Un labor para o que se incorporarán aos seus respectivos destinos mañá mércores, 1 de xullo, e que desempeñarán durante cinco meses, ata o 30 de novembro.

Os xuíces saen da 75.ª Promoción da Carreira Xudicial e forman parte do grupo de oito togados de reforzo dos que disporán no mencionado período os Tribunais de Instancia de Carballo, de Ordes, de Ribeira, de Sarria, de Cangas do Morrazo, de Ponteareas e os das dúas localidades do Salnés. Os oito participaron onte no acto de xura ou promesa co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Igancio Picatoste Sueiras, en calidade de fedatario na sede do alto tribunal galego.