Mocidade de Turquía, Alemaña, Italia, Bélxica, Portugal e España colabora para protexer o medio ambiente en Cambados
CAMBADOS
A vila arousá recibe o primeiro grupo de voluntariado europeo dentro do proxecto SolidMar
11 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Cambados vén de recibir o primeiro grupo de voluntarios e voluntarias medioambientais europeos que participan no proxecto SolidMar. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve en colaboración coa Fundación Condado de Taboada.
Este primeiro equipo está formado por 27 integrantes procedentes de Turquía, Alemaña, Italia, Bélxica, Portugal e España, que fan da vila arousá nun punto de encontro internacional arredor da sustentabilidade, a cooperación e a protección ambiental.
Ao longo da súa estancia, os voluntarios desenvolverán as distintas actividades previstas no programa europeo, que se centran na sensibilización ambiental, a conservación do entorno natural e mariño e accións de participación comunitaria e educación ambiental.
Os responsables municipais subliñan a importancia de iniciativas coma esta, que permiten «situar Cambados no mapa europeo dos proxectos dos proxectos de cooperación xuvenil, fomentando o intercambio cultural e a convivencia entre mozos de distintos países». O goberno local quixo agradecer onte á Fundación Condado de Taboada a súa implicación no desenvolvemento deste proxecto, que fomenta o compromiso activo da mocidade europea.