Cambados aposta pola batucada e acollerá no 2026 un festival de percusionistas
CAMBADOS
A agrupación Olodum de Coio retoma os seus obradoiros o luns 3 de novembro
01 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A agrupación musical Olodum de Coio retomará o próximo luns 3 de novembro os seus obradoiros de batucada, que iniciarán deste xeito a súa duodécima edición. Unha iniciativa que ano a ano medra máis e pola que o Concello de Cambados aposta forte. Proba disto é que en xuño de 2026 a vila acollerá un festival de percusión, que se prevé que atraia a centos de batuqueiros e turistas de toda Europa e sirva, segundo os seus organizadores, «para innovar e profesionalizar o sector».
Ata entón, os obradoiros impartiranse tódolos luns ás oito na Cultural de Vilariño e a asociación celebrará actos ao longo de todo o curso en datas sinaladas, coma o Samaín, Reis, o Entroido, a Feira Franca e, por suposto, durante a Festa do Albariño. Os interesados poden apuntarse a través do 652 809 080 ou enviando un correo a cambadospercute@gmail.com.