Flores para Cabanillas na Calzada no aniversario do seu pasamento e entrega dos Premios Mar de Letras
CAMBADOS
O goberno local fai esta mañá a súa tradicional ofrenda anual ao poeta
09 nov 2024 . Actualizado a las 11:58 h.Hoxe é o aniversario do pasamento do poeta Ramón Cabanillas e como é costume en datas coma esta, o Concello de Cambados lembra ao escritor de Fefiñáns cunha ofrenda floral ante a escultura erixida na súa honra no paseo da Calzada. A cita será ás 11.30 horas e contará coa participación de representantes do goberno local.
Premios Mar de Letras
Outro dos actos incluídos na programación do Día de Cabanillas organizada por Cultura tivo lugar onte coa entrega dos premios do certame literario Cambados Mar de Letras, celebrado no instituto Francisco Asorey. Os gañadores do concurso foron os alumnos Anxo Pérez Prego, Aroa González Mosquera e Lucía De La Paz na categoría de poesía e Etienne Romero Vieitez, Adriana Otero Dozo e Terry Agho, na de relato.