A viaxe percorrerá Betanzos, Sada e Oleiros, co único custe do xantar nun restaurante
16 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Diante do interese que está a espertar en Cambados a excursión que a Concellería da Terceira Idade organiza para o venres, 25 de outubro, cunha xa longa lista de agarda, o Concello vén de fretar un segundo autocar.
A viaxe ten coma destino tres dos municipios que conforman o espazo natural das Mariñas Coruñesas: Betanzos, Oleiros e Sada. O bus é gratuíto e o único custe da excursión son 20 euros para o xantar nun restaurante de Sada, que inclúe entrantes, pescada con ensalada, tenreira asada con guarnición, sobremesa, café e bebida. Os interesados deben anotarse no Concello antes deste venres, 18 de outubro, ás 14 horas.