A Deputación acometerá melloras na seguridade viaria en Tragove

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

Cedida

Actuarase na chamada rotonda de Pica e o Concello adecentará unha vía municipal que desemboca nese punto

15 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Cambados veñen de acordar realizar unha actuación de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-9004, que une Corbillón con Tragove. A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reuniuse co concelleiro de Obras, José Ramón Abal, para avanzar nesta actuación que afectará á rotonda situada no núcleo rural de Tragove. Tal e como remarcou Couselo, a rotonda de Tragove trátase dunha intersección transitada por un volume importante de tráfico rodado. Por este motivo, comprometeuse a mellorar a súa pavimentación, así como a crear pasos de peóns elevados e outros elementos de balizamento.

Pola súa banda, o Concello de Cambados pediu autorización á Deputación para realizar unha actuación nun camiño municipal que entronca coa rotonda de Tragove e que complentará a mellora que se vai acometer nesta.